Nova exposición: Xinetes do mar no Océano Surf Museo

O vindeiro día 6 de maio podedes asistir á inauguración da nova mostra de José Ángel Niño, coñecido no mundo da fotografía de surf como ANIKUNI, un reputado fotógrafo amateur que ten realizado diferentes exposicións fotográficas.

Con Xinetes do mar aproxima ao Océano Surf Museo unha mostra de 40 fotografías e un vídeo monográfico no que se inmortalizan uns instantes da vida, un xiro nas ondas duns homes e mulleres que aman a auga salgada e as súas rompentes.

Xunto á súa obra o Océano Surf Museo abre o seu almacén para poñer en valor e aproximar á comunidade dúas pezas senlleiras que nos levarán até Hawaii e Australia, sublimando a cultura oceánica e o poder de comunicación dos mares e océanos que nos unen.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.