Cando naceu o nome da “Costa da Morte”?

Que Pasa Na Costa - A cita máis antiga onde aparece escrito o nome de Costa da Morte é do 10 de xaneiro de 1908, cando a escritora inglesa Annette Meakin deixa constancia no seu diario ao arribar á Coruña que se atopa nos que os mariñeiros denominan “Coast of Death”. É a referencia máis antiga, anterior mesmo ás primeiras en castelán e en galego, das que dispón a Real Academia Galega.

Fala de Finisterre como un dos extremos do Imperio Romano, coñecido como “The End of the Earth” ou “Celtic promontory”. De naufraxios en 1907, ano de 12 sinistros, entre eles o inglés Denewill en Fisterra, o 6 de xullo. O seu erudición e coñecemento da nosa historia é asombrosa.

Ler a noticia enteira:

http://www.quepasanacosta.com/?p=4649

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.