Jesús Busto - De entre todos os protagonistas dos inicios do surf en Galiza, un asturiano, Félix Cueto, ten a honra de ser a primeira persoa, da que se ten constancia, que surfeou nas nosas augas. E iso, cunha das primeiras pranchas fabricadas no Estado, construída por el mesmo. A súa imaxinación e xovialidade foron fundamentais non só para a xerminación do surf na nosa comunidade, senón tamén na súa consolidación, ao arrastrar co seu entusiasmo a outros na práctica deste deporte.
Felix Cueto
En 1965, Félix Cueto viaxa desde a súa Asturias natal á Coruña co obxecto de iniciar a carreira de náutica. Dous anos máis tarde traíase con el unha prancha de surf e, sen sabelo, un novo deporte a Galiza: o surf.
Durante eses anos de estudos na Coruña, xerouse ao redor de Félix unha das células máis activas nos xermes do surf na nosa comunidade. Todos eles tiñan en común a súa paixón polo mar, e como non, o estar a estudar náutica. Alí estaban Juan Abeledo fillo, Amador Rodríguez, Miguel Camareiro, Gonzalo Viana e outros moitos máis.
A seguinte entrevista foi realizada polo seu irmán Gonzalo Cueto no ano 1999 e publicada na revista Surfari nese mesmo ano. A mesma complétase con apuntamentos tomados da entrevista a Amador Rodríguez publicada na revista Surfer Rule no ano 2004 e comentarios do seu irmán Gonzalo. E para finalizar os vídeos que a súa familia e amigos editaron no seu recordo, o segundo dos cales recolle imaxes tomadas na praia de Santa Cristina nos anos 70.
Felix - 1963
Sen ningunha dúbida Félix foi un adiantado ao seu tempo, e para algúns o primeiro surfeiro de España. Os seus amigos daquela época lembran de Félix unha facultade, e era a súa capacidade para adiantarse ás tendencias, ao que estaba por chegar. Félix víao todo vir. Por exemplo vestíase ao americano cando aínda non estaba de moda por aquí, lembra Amador Rodríguez.
Estaba obsesionado coa posibilidade de coller as pranchas de surf, irnos até os Ancares, e tirarnos montaña abaixo con elas, unha idea que anos máis tarde se desenvolvería co snowboard, o único que nós o tentabamos cos nosos taboleiros de máis de tres metros de lonxitude? lembra Miguel Camareiro. "Félix estaba dotado dunha gran imaxinación".
Podedes ler a entrevista enteire e ver algunha foto máis de Félix Cueto no artigo orixinal na seguinte ligazón:
http://desdelacroa.blogspot.com/2010/03/historias-felix-cueto-el-germen-del.html