Presentación de Iron Mountain Surfboards en Patos

Co gallo da celebración do Campionato de Promesas na praia de Patos de hai dúas semanas, o shaper Román Díez fixo a presentación da súa marca de pranchas de surf Iron Mountain Surfboards con moito éxito e interese da xente que pasou pola súa carpa. Tamén temos que destacar a fichaxe de Manu Fernández como rider do seu equipo de competición.


Segundo nos comentou Román, o intre máis fermoso da presentación foi cando Ines Elorrieta (Hey Juddy) e Jorge Martín (Mondo Panda) comezaron a pintar as pranchas como se fosen lienzoz, ela con rotulador e Jorge con pincel, como podedes ver nas fotos o resultado foi espectacular.

Jorge e Inés misturando surf e arte

Deseño de Hey Juddy



Manuel Fernández contento coa súa nova Iron Mountain


Manuel Fernández - Foto: David Araujo Carballo

Fonte da noticia:

http://ironmountainsurfboards.blogspot.com/2010/10/presentacion-de-iron-mountain-en-el.html

http://ironmountainsurfboards.blogspot.com/2010/11/manu-fernandez-ficha-por-iron-mountain.html


Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.