Situado en Valdoviño, o noso taller reabre as súas portas de novo para prestar un servizo de calidade, tanto nas reparacións como na fabricación de táboas. Dende os materiais de primeira calidade cos que traballamos, fibras Hexcell e resinas Silmar, até o agarimo e a dedicación co que afrontamos cada traballo, esperamos satisfacer as necesidades dos máis esixentes.
A nosa filosofía parte da humildade e o esforzo diario, e facer desta un labor digno. Porque cremos firmemente que a mellor maneira de crecer como artesáns do surf, é manter unha estreita colaboración con todos aqueles que nos brindedes a vosa confianza.
Por todo iso, estaremos encantados de atendervos, ensinarvos o noso traballo, e charlar un intre sobre táboas de surf e ondas, algo indispensable para poder facer iso que tanto nos gusta a todos que é, surfear.
Dende SurfGz.com desexámoslles a Ricardo e Luis moito éxito nesta nova aventura que fai medrar a industria do surf na nosa costa e darlle a noraboa pola calidade dos seus arranxos e traballos coa resina.
Tedes + info no seu Facebook: