Pantín Classic Vs Píllara das Dunas

Pillara das Dunas

ADCSL Praia de Pantín - Hai algúns días amosabamos neste espazo dous pequenos ovos de Píllara das Dunas, e falabamos da importancia da conservación do seu hábitat. A Consellería de Medio Ambiente vén de publicar este mesmo ano no mes de xaneiro, o Decreto 9/2014 do Plan de Conservación da Píllara das Dunas dentro da Zona de Especial Conservación (ZEC) "Costa Ártabra", unha importante medida de protección desta pequena ave cuxa distribución está catalogada actualmente como "vulnerable".

Chaman a atención os esforzos que dende a Consellería de Medio Ambiente se fan para salvagardar a conservación desta especie, e por este mesmo motivo non comprendemos como dende a mesma Xunta de Galicia, dende a mesma Consellería da que falabamos e dende a Consellería de Turismo se están a saltar e a quebrantar tódalas directrices e normativas establecidas para a protección dos hábitats e Zonas de Especial Valor Natural como é a contorna da Praia de Pantín.

A celebración do Pantín Classic 2014 é un claro exemplo deste despropósito. A decisión é vosa, ou quedamos calados ou avanzamos. Á vista do marabilloso que resulta ver como a pequena nai Píllara loita por sacar adiante aos seus dous pequerrechos a pesar da nosa indiferenza, debería facernos reflexionar sobre a importancia das pequenas cousas que nos rodean.

Fonte da nova:

https://www.facebook.com/adcsl.praiadepantin

Foto da nova e + info en:

http://www.sghn.org/Actuacions_Xeral/Biodiversidade/Especies_ameazadas.html

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.