Outra bandeira negra pra denunciar o urbanismo salvaxe da costa da Mariña


Ecoloxistas en Acción - Na zona da Mariña de Lugo destacamos como modelo do que non hai que facer en relación co urbanismo a Barreiros, pero este non é un caso único. Na comarca, pódese falar tamén de Foz, San Cibrao, Viveiro, O Vicedo, etc. O resultado é unha paisaxe esnaquizada, urbanizacións pantasma, vivendas a medio construír abandonadas, e un longo etcétera que nos mostra un modelo de crecemento urbanístico como os xa presentes nas Rías Baixas.

O desenvolvemento urbanístico na Mariña e moi especialmente en Barreiros (onde existen dous espazos naturais da Rede Natura 2000: As Catedrais e Ría de Foz-Masma) degradou un dos tramos de costa de maior interese natural e paisaxístico de Galicia, ademais de reflectir un modelo de explotación turística moi intensivo no consumo de recursos naturais.

No ano 2014 o Tribunal Supremo anulaba, declarando nulo de pleno dereito, o decreto de 2007 co que o goberno bipartito da Xunta interveu o urbanismo desaforado do Concello de Barreiros convertido en símbolo da burbulla inmobiliaria (Lugo) por un defecto de forma. O Supremo emite esta sentenza tras o recurso dunha inmobiliaria que pretendía construír en chan rústico coma se fose urbanizable e cuxos plans se truncaron en 2007 coa intervención do bipartito. Esta sentenza chegou despois de sentenzas en diversas instancias ratificando que numerosas parcelas nas que se pretendía construír non reunían os requisitos legais.

O Goberno galego do Partido Popular tentou regularizar esa situación de miles de vivendas que carecían de servizos básicos a través dun convenio para executalos con 14 millóns de fondos públicos, que tamén é ilegal, e na actualidade pretende legalizar a través dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal onde se recolle a construción de miles de vivendas nun lugar onde hai 3500 habitantes.

Fonte da nova: Informe Bandeiras Negras 2016 Ecoloxistas en Acción

{fcomments}

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.