Galicia Hoxe - Os armadores e pescadores de marisco e artes varias con base nos portos da ría de Muros e Noia concentráronse onte na zona onde a empresa North West Food pretende instalar dúas gaiolas de salmón experimentais, que contan coa autorización da Consellería do Mar. Desde as once da mañá, as embarcacións dirixíronse a dito punto, situado no polígono C de Muros, ó comprobar que uns operarios ían colocar as boias que aguantarán destes viveiros.
En pouco tempo manifestáronse máis dun centenar de embarcacións e outras tantas que xa non chegaron ata o lugar ó regresar ós seus respectivos portos tras coñecer que a empresa desistira por agora de continuar cos traballos ante o cariz que estaban tomando os acontecementos. Unha patrulla da Garda Civil do Mar, acompañada dunha embarcación auxiliar, velou pola seguridade na zona e anotou o folio dalgúns do barcos participantes sen que se producisen incidentes de importancia.
Noticia completa:
Foto: Pablo Silva