Ecoloxistas en Acción danlle o galardón da Bandeira Negra á Ría de Ferrol


Ecoloxistas en Acción - A Ría de Ferrol esténdese desde a desembocadura do río Grande en Xubia até o Océano Atlántico, abarcando 17 km de lonxitude e 4,5 km de ancho máximo. Boa parte dos seus fondos están formados por cascallos e pedra. A ría conta cunha taxa de renovación da marea moi elevada, que permite unha ampla biodiversidade, que se está vendo perxudicada por diversas infraestruturas (porto exterior, recheos, etc.) e pola falta dunha depuración eficaz. Construíronse recheos na ría de forma indiscriminada, 1.7 millóns de metros cadrados entre o ano 1900 e 2000. A partir do ano 2000, levaron acabo as ampliacións de Forestal do Atlántico-Reganosa ou o Porto Exterior, que provocan grandes impactos sobre o medio mariño.


Tras a visita no 2013 dunha comisión do Parlamento europeo pra avaliar o estado das Rías galegas tras varias denuncias recibidas (Vigo, O Burgo e Ferrol), constatouse o nivel alarmante de contaminación das rías e especialmente da de Ferrol. Púidose constatar tamén o atraso por parte do executivo galego á hora de aplicar as directivas europeas en materia de medio ambiente. Por aquel entón, debido a un acordo previo e informal ideado polo Partido Popular Europeo (PPE), segundo fontes do Parlamento Europeo, a situación de Ferrol debía quedar fóra.

A pesar dese pacto - que algúns membros da misión descoñecían, a delegación chegou a Ferrol e puido ver a situación dramática de Ferrol e a falta de depuración das augas tal e como se lía no informe orixinal. Con todo, desde o despacho do popular Boulland téntase ocultar parte da contaminación que todos constataron e que os eurodeputados da Comisión, Werth mann e Zdanoka reflectiron explicitamente no documento que a PPE cambiou despois. A última versión do documento final que saíu apoiada exclusivamente pola PPE, elimina calquera alusión directa á contaminación desta ría.

Recóllese unha das frases significativas do texto orixinal e que foi suprimida no informe final polo Partido Popular Europeo: Na ría de Ferrol e o tres municipios de Mugardos, Fene e Narón, os refugallos urbanos e industriais non tratados degradaron severamente a área e numerosas enseadas están a asfixiarse baixo o groso lodo. Os activos pesqueiros han diminuído deixando perdas de emprego. O aumento do desemprego nas zonas que viven das rías está relacionado coa contaminación e a non depuración das augas.

Fonte da nova: Informe Bandeiras Negras 2016 Ecoloxistas en Acción

Imaxes: https://gl.wikipedia.org/wiki/Ría_de_Ferrol

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.