Limpeza en Rio Sieira con Noia Limpa

Limpeza en Rio Sieira con Noia Limpa

O colectivo Noia Limpa e Adega organizaron hoxe sábado unha limpeza de praias no areal de Río Sieira (Porto do Son), que ademais tivo unha especial protagonista, a Píllara das dunas, un paxaro que se reproduce nesta tempada  e hai que ter especial coidado si se acode ás praias nas que aniña, xa que se considera que en Galicia está en perigo de extinción pola alteración do seu hábitat. A píllara reprodúcese en praias con dunas, lagoas e pouca vexetación nos meses de primavera e inicio do verán.

Na saída, os participantes puideron ver unha parella de píllaras, pero que aínda puxera os ovos, pero si fixera xa varios buratos na area que lle poida servir de niños máis adiante.

Antes da saída houbo unha charla sobre a píllara das dunas por parte dun axente medio ambiental e, a continuación, outra pequena charla sobre limpezas ecolóxicas e onde depositar o lixo posteriormente por parte dunha representante de Adega, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza.

Noia Limpa

Despois realizouse a limpeza propiamente dita, na que os principais residuos que se recolleron foron:

• 44 pezas de restos de bateas
• 18 tapóns de plástico
• 16 anacos de corda
• 13 anacos porexpan de tamaño pequeno e un de tamaño moi grande
• 10 anacos grandes de plástico
• 9 botellas plástico
• 9 latas
• 4 mascarillas
• 2 restos de boias
• 1 vial de medicina inxectable
• 1 gorro
• 1 zapato
• 1 botella de vidro
• moitos microplásticos
• restos de bolsas de plástico.

A empresa Noroeste, de roupa sostible, tamén particiou na actividade e contou a súa experiencia.

Organizaron a saída o colectivo Noia Limpa e Adega, coa colaboración do Complexo Medioambiental Serra do Barbanza a través do programa 'O lixo desde o teu concello. Esta saída tamén forma parte da Ocean Initiatives da ONG Surfrider, que colaboran co envío de material para a limpeza de praias.

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.