O sol da mañá obrigaba a todo viaxante a sair da furgo e saudar a primeira xornada da proba do circuito ETL en Caravia coa temperatura propia dun mes de agosto... así comezaba o campionato no que só un longueirón podría resaltar unhas fermosas manobras en ondas que só alcanzaron o cuarto de metro. A destreza de participantes coma Aurelien Meyneux, Alexis Deniel, James Parry e Sam Bleakley, competidores actuais do circuito mundial, situáronos nos primeiros postos respectivamente.
Dani Alvite rematou na 9ª praza - Foto: Sidrisima Lbt
Entre os vintecinco participantes que se presentaron de todo europa, puidemos ver a delegación portuguesa dirixida polo famoso sheaper Luís Bento (Lufi) e os galegos que mostraron unha actitude competitiva que finalizaba no ranking cunha escelente 9ª posición por parte de Daniel Alvite (Silfocamps, ExxiteSurfboards) e Moncho Borrazas (Lufi Surfboards), tamén se estrenban no circuito Europeo Antonio Varela (Silfocamps) e Alberto Mouriño (El buén Oasis) que finalizaban nunha 17ª posición.
Vista xeral da praia - Foto: Sidrisima Lbt
É dada a destacar a boa relación coa organización e toda a xente presente, fose de onde fose, nunha agradable velada nocturna a ritmo de música a beira da praia que confundía os sons das espumas do mar co son do burbullar dunha botella de sidra asturiana.
Os galegos xa planifican a seguinte viaxe de volta a terras asturianas para, desta vez ,comezar o circuito ACL na Praia de la Vega os seguintes 4 e 5 de Xuño, que abre as portas desta nova tempada na que seguiremos e destacaremos todas as súas accións.
Crónica feita por José Antonio Varela Amado
Fotomontaxe dos participantes - Foto: Sidrisima Lbt
Máis fotos en:
http://www.facebook.com/album.php?aid=226530&id=575964306&page=5