Calendario Oficial de Circuíto Galego de Longueirón 2011

A pasada semana o G.A.L presentou o calendario oficial do I Circuíto Galego de Longboard que vai contar de tres eventos organizados nas praias de Pantín, Nemiña e Patos.Segundo comentan os organizadores no seu blog, o obxetivo principal deste novo circuíto e pasalo ben e coñecer xente. O sistema non vai ser o habitual de competición e buscarase unha maior partipación dos riders inscritos.

CIRCUITO GALEGO LONGBOARD

Calendario Oficial:

19 de Xuño: 1ª Proba Open de Longboard Pantín Surf Camp 2011 Pantín - Valdoviño Organiza: Pantin Surf Camp
25 ó 26 de Xuño: 2ª Proba Circuíto Galego Open de Longboard Nemiña - Muxía G.A.L co apoio de Rubén Prieto Tomé (local de Nemiña)
10 ó 11 de Setembro: 3ª Proba Circuíto Galego Open de Longboard Patos - Nigrán Organiza: G.A.L

As categorías do Circuíto son:

  • Open Masculino e Feminino (ranking FGS)
  • Mellor Junior
  • Mellor Veterano
  • Mellor Longueirón Clásico (expression)
  • Mellor Peor Surfeiro
  • Mellor Tag Team
  • Mellor Manobra (expression)
  • Mellor Wipe out (expression)

Poderán participar todos aqueles galegos e non galegos federados pola Federación Galega de surf. Se estades interesados en colaborar con estes eventos ou patrocinar algunha proba podedes contactar con GAL no seu Facebook:

http://www.facebook.com/profile.php?id=100001565070444

Fonte da nova:

http://longboardgalicia.blogspot.com/2011/05/nuevo-circuito-gallego-de-long-2010.html


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.