Aprazado o Festival de Long en Patos - 29 e 30 de Setembro

FGS - Convocada a 5ª Proba do Circuito Open de Longboard e Paddleboard na Praia de Patos, sentimos comunicar que a proba tera que ser aprazada, xa que as condicions do mar non se presentan nada favorables, os partes desta semana presentanse negativos vendo as condicions imposibles para poder realizar o campionato.

Así que moi ao noso pesar, a Federación e o clube organizador, neste caso G.A.L e Patos surf club, decidimos aprazar a proba en Patos para os días 29 e 30 de setembro. O prazo de inscrición segue aberto ate o próximo xoves 27.

Recordade que para tramitar a inscricion deberedes enviar un e-mail cos vosos datos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Máis info en:

www.fgsurf.org

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.