Este ano imos empezar a tempada de longboard presentando ao team que vai representar a Iron Mountain Surfboards nos festivais e campionatos que se realicen este ano. Contamos con catro novas incorporacións como son Yago Formosel (A Coruña), Ettore Burdese (rider italiano afincado en Vigo), Nestor Martínez (Ferrolterra) e Alberto Mouriño "Mou" (rider de Lugo afincado na Coruña), cada un coas súas características, o italiano Ettore ten moita experiencia en longboard clásico, Mou un long progresivo e actual, Nestor o seu long competitivo e os seus hangfive precisos e Iago de é unha aposta de Iron Mountain da mocidade no longueirón galego.
Nestor é un dos mellores riders de Ferrolterra
Ettore coñece moi ben o pico de Patos e Monteferro
Yago e Mou son habituais das praias de Coruña e Costa da Morte
Estamos a esperar velos en acción, xa saben que o de menos son o resultado o importante é que se divirtan na auga .
Mais info en www.ironmountainsurfboards.blogspot.com