Xa faltan poucos días pra que comece o I Longboard Classic Malpica que vai ter lugar o 28 e 29 de Xuño na vila mariñeira de Malpica de Bergantiños. Máis de 40 riders confirmaron a súa presenza neste evento que vai dar moito que falar e todavía estades a tempo de participar na proba de Longueirón, no descenso de Longskate ou na Pescadería fotográfica organizada por Oti Fernández.
Haberá premios moi interesantes como surfcamps en Fuerteventura, clases de long en Salinas e un sorteo dun Fish de Iron Mountain. Tamén estarán presentes en varias carpas a xente de TSP e outras empresas surfeiras.
Vídeo promo do I Longboard Classic Malpica
Tedes toda a info en: