ONDA LONGA LONGBOARD FESTIVAL

O longueirón galego está de noraboa estes días xa que por fin e despois de moito traballo por parte da xente do G.A.L. (Galegos asociados polo longueirón) acaban de presentar o cartel  do Iº ONDA LONGA LONGBOARD FESTIVAL que se vai celebrar na praia de Ponte Pedrido no mes de marzo. O tempo de espera do festival vai do 27 de febreiro ao 28 de marzo polo que as boas ondas están aseguradas.

ONDA LONGA LONGBOARD FESTIVAL

A primeira edición do festival realizarase en Ponte Pedrido, e a súa filosofía será surfear unha das ondas máis longas da nosa costa coa participación  de todo-los longboarders que queiran asistir. 

Ponte Pedrido

Onda de Ponte Pedrido. Foto: Jahgo e o Surf

Próximamente estará activa a web do evento con máis info en: www.ondalonga.com

Colaboran: Hey Juddy, SurfGZ.com, Iron Mountain Surfboards, Silfo Surfcamp, Surf Costa da Morte, Raz Surfcamp e a Prado surf escola.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.