Crónica da Liga Ultramarinos na Lanzada |
Domingo, 20 Maio 2018 19:00 | |||
A pasada fin de semana tivo lugar na praia da Lanzada a primeira proba da nova Liga de Longboard Ultramarinos, unha liga organizada con moita ilusión e agarimo, xa que agora é o momento de realizar un novo formato de "competición" co obxetivo principal de pasalo ben e xuntar aos amantes dos longueiróns da nosa costa nunha xornada festiva. Uns 30 longueiróns inscritos disfrutaron de ondas de medio metro con vento suave do noroeste nun día fermoso nas Rías Baixas. Puidéronse ver manobras da vella escola coma sarcófagos, pinos, cuasimodos... todo iso coa fantástica elección musical de Edu Cuchimamas e con intervencións ao micro de Sir Martin Rich (todo un speaker ASP). Pola mañá realizáronse os triais e as repescas onde xa puidemos observar surfeiras do peor nivel que querían o seu premio, cullerde pau ao peor surfer, o trofeo máis ansiado por todo o persoal. Parón ao mediodía pra degustar o magnifico churrasco de Kannion surf (Montalvo) e contarmos batallitas. Resultados: Resultados :
E así conclúe a primeira proba da Liga Ultramarinos de Longboard, próxima parada na praia de Patos (cando as ondas teñan a ben).
Tedes todas as fotos do día no Facebook de Quique Otero en: https://www.facebook.com/media
|