Entrevista con Toni Varela

ANTONIO VARELA

Este luns comezamos a semana cunha entrevista ao actual campión do circuito galego de longueirón Jose Antonio Varela "Toni". Nesta entrevista podes ler un pouco sobre o seu estilo de vida e as súas opinións sobre o surf na nosa costa.

Ficha Técnica:

  • Nome:  José Antonio Varela Amado (Toni pros colegas).
  • Idade: 24.
  • Anos surfando: 11 anos.
  • Spots que frecuentas: Malpica, Razo…
  • Estudos/Traballo: monitor en Silfocamps e cursando salvamento acuático.
  • Un hobby: traballos manuais,bricolaxe.
  • Unha viaxe: GALIZA.
  • Un soño: inventar, crear, experimentar, shapear…
  • Música preferida: instrumentais, clásicos, jazz, stoner rock…
  • Sponsors: ningún.
  • Mellores Resultados: Campión Galego Longueirón no ano 2009.

TONI VARELA

E agora as preguntas:

Como e cando comenzaches a surfear?

Comecei a coller ondas sobre un bugui de polispán e tela de saco con 13 aniños, ó inverno seguinte heredei un BZ co que me lancei a competir en competis locais. Continuei con esta modalidade ata os 17 anos conseguindo algún pódium pero sen resposta por parte dos patrocinios. As persoas cambian e eu non fun menos, merquei unha tabla (6´0) e o longo de dous anos foi o que me adiquei. Non coñecía con profundidade outras modalidades, facía o que a xente do meu redor facía.

Por que elexiches surfear con longueirón??

Non elexín surfear con longueirón, eu surfeo con calquera cousa, penso que para buscar a pureza desta paixón é necesario voltar os inicios e coñecer o porqué das formas.





E cando comenzaches a competir??

A primeira competi foi con 14 anos (Circuito Miramar) ata os 17 no Circuito Galego de Bodyboard. A seguinte foi con 23 anos no Circuito Galego de Longueirón.

Como é un día normal na túa vida?

Hoxe en día dependo do vento e das mareas… a praia é a miña prioridade. Non me deixo apalancar, se non é na piscina municipal é no taller lixando ou algo semellante… o mellor do dia e ter tempo, tempo para cociñar, para debuxar, ler, tocar a guitarra, correr…


É moi dificil ser monitor de surf?

Exixe responsabilidades, pero non se semella a ningún outro traballo, cada día son cousas novas as que te enfrontas, é unha aprendizaxe continua.

Que che parece o nivel galego de longueirón??

A nivel maniobrabilidade non vexo grandes cousas (con escepcións), tamen teño que dicir que en moi estranos casos coincido con outros longuers na auga. Pero a nivel persoal apréciase una estrana conexión entre nós.

Unha das cousas máis comentadas da práctica do longueirón é o bo rollo na auga e o compañeirismo. Pensas que isto é certo?

Cada persoa é un mundo e compórtase como tal, creo que dado ó reducido número de longuers, comparado con outras modalidades, gárdase un certo colegueo por identificación, supoño.



Esta modalidade é cousa de homes ou hai máis rapazas agora na auga??

Eu en todos os anos que levo na auga, non aprecio ningún cambio, hai máis homes que mulleres na auga e iso e todo, e  non o entendo!

É dificil conseguir sponsor facendo longueirón??

Eu nunca tiven ningún tipo de axuda nin sponsor, é realmente difícil!!! e penso que é unha boa forma de impulsar a calquera deportista, agora, non sei se iso é o que lles interesa as marcas. Me da que non!!

Acabas de rematar o ano 2009 como campión do circuito galego. Que sintes despois deste esplendido resultado??

Para min foi como a volta de novo ó mundillo da competi coma cando tiña 14 anos, voltar a sentir eses nervios antes dunha manga… pero teño que dicir que poucas cousas cambiaron dende aquela. Dame a impresión dun estancamento monumental. E necesario sair e competir noutros circuitos, novas metas.


Que planes tes para o 2010, viaxes, campionatos??

Viaxar o que a miña conta mo permita, pero síntome tan ben e agusto na miña terra… disfruto agora máis que nunca da calidade das nosas ondas…porque o que diga o contrario, que cambie de tabla!!

Competis deste ano: Circuito Galego (animando a máis xente que participe), tamén penso correr o circuito nacional ACL (Asociación Clubs de Longboard) e festivais que non falten…ONDALONGA, o festival de Salinas…

Moitas gracias por colaborar nesta entrevista. Agora se queres podes escribir unhas palabras para dicir o que queiras aos nosos lectores:

Primeiro agradecer a SurfGZ o espléndido traballo e a información momentánea que nos facilitas, e sobre todo á personalidade que esta páxina reflexa en todalas modalidades. Agradecer a José Rodriguez (Silfocamps) e a toda Malpica pola  axuda e motivación que me aportan.

O longueirón pode sela resposta a moitas das frustracións, camiña cara o bico das sensacións…

TONI VARELA

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.