I Travesía Paddle Surf Nigrán - Baiona - 19 de Xuño

Co gallo da celebración do día Internacional do Surf o día 19 de xuño o Prado Surf Clube, Waira Surf Shop, Federación Española de Surf e os Concellos de Nigrán e Baiona organizan unha travesía en Paddle Surf desde Praia América até a praia de Ribeira, co fin de irmandar ós municipios de Nigrán e Baiona. A travesía, de 5 km. iniciarase ás 11:00 horas e transcorrerá paralela á costa.

O mesmo día a partir das 12:30 horas no lugar de chegada: a Praia de Ribeira (Baiona) haberá bautismos gratuítos para todas as persoas que queiran probar este deporte e un test drive da marca Starboard.

Está aberta a todas as persoas que queiran participar, tanto as que teñan material como as que non o teñan (iso se o número de paddle-surf que dispomos para os que non teñan material é limitado e debe solicitarse expresamente na inscrición).

A proba é Calificatoria para o Campionato de España de Paddle-Surf que se realizará en Cantabria os días 15 e 16 de outubro. As inscricións teñen un custo de 5 € e deben realizarse na dirección de e-mail:  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Info do evento a nivel mundial:

http://www.surfing-day.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.