Coque Araujo fai unha excelente segunda praza en Somo!

Dous riders galegos das Rías Baixas, Coque Araujo e Tono Teixeiro fixeron un excelente resultado rematando na segunda e na oitava posición o pasado domingo 8 de Xullo en Somo na última proba do Circuíto Cántabro de Paddleboard, clasificatoria para o Campionato de España. Noraboa!!

PADDLE SURF CANTABRIA

A organización corría a cargo de Northwind Kitesurf e ás 09:30 pechábanse as inscricións, realizábase a reunión de competidores ás 10:00 e tras un breve paréntese para que quentasen os competidores dábase a saída ao redor das 10:30. Na saída o claro favorito, Ramón Branco (Campión de España), facía valer a súa experiencia e o seu bo estado de forma para sacar moitísima vantaxe ao resto do pelotón, detrás só Tono Teixeiro (Beachescolas) conseguía seguir o ronsel do favorito, algo que máis tarde lle pasaría factura, e á caza de Tono e Ramón ía un pelotón moi igualado, practicamente todos con táboa específica de race e no que todos saíran moi forte.

PADDLE SURF CANTABRIA

PADDLE SURF CANTABRIA

Xusto antes da primeira boia o pelotón alcanzaba a Tono e Coque Araújo (Beachescolas - Concello de Nigrán) facía un paso pola boia perfecto para a continuación comezar unha escapada á caza do lider, impondo un ritmo que o pelotón non puido seguir. A partir de aí os competidores loitaban por manterse en pié remando sobre as súas táboas no medio de fortes correntes cruzadas á saída da ría provocadas polo cambio de marea e aos poucos Coque ía achegándose a Ramón Branco mentres máis atrás, no pelotón, os primeiros postos íanse relevando para tentar dar caza aos escapados.

PADDLE SURF CANTABRIA

PADDLE SURF CANTABRIA

Tras 7 quilómetros moi intensos (a case 9 km/h de media) chegaba Ramón Branco (Fanatic - Northwind) en primeira posición, Coque Araújo (Beachescolas - Concello de Nigrán) a escasos 30 segundos e a minuto e medio de Coque, completando o podium, chegaba Óscar Ruiz (Deep - Fanatic). Tono Teixeiro (Beachescolas) conseguía un meritorio 8º posto nunha carreira dura e cun ritmo moi alto.

PADDLE SURF CANTABRIA

Máis tarde tiña lugar a comida con todos os competidores e despois procedíase á entrega de premios para finalizar este evento da man de Northwind Kitesurf e a Federación Cántabra de Surf.

TONO TEIXEIRO

Tono Teixeiro celebrando a súa chegada!

COQUE ARAUJO

Noraboa Coque!

Moitas grazas a Beachescolas.com pola crónica!


Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.