Sean Poynter en Galicia

Hoxe luns e o martes 12 e 13 de Novembro teremos a sorte de contar coa presenza de Sean Poynter en Galicia (neste momento está líder do mundial de sup en ondas). O luns estaremos en Silfosurfcamp. E o martes no Beachescola de Patos. Buscaremos, en función da previsión, un anuncio pola zona onde podamos entrar a gozar dunha sesión cun do mellores SUP surfers.

Convidámosvos a virvos a coñecer a Sean antes de que vaia a Brasil a competir en ultíma proba do Campionato do Mundo.

Tambien podreis ver a nova gama surfPro de paddleboards Starboard, asi como en primicia das novas táboas de surf de Starboard, cunha construción nova moi lixeira e resistente.


Fonte: Marta Waira

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.