Éxito no III Mera SUP festival

En total, 25 galegos coláronse nos postos de podio en cadansúa categoría, preto dun 75% do total.

A Federación Galega de Surf, da man da Escola de Paddle Surf SUP Mera, vén de organizar a primeira proba da Liga Galega de Stand Up Paddle (SUP) Longa Distancia, o Mera SUP Festival, celebrado en Mera (Oleiros) cun éxito de participación de máis de 70 inscritos de ámbito nacional de todas as categorías de idade (dende sub 8 ata máster).

As condicións para a práctica do SUP foron inmellorabes cun día soleado e unha lixeira brisa sen fortes rachas de vento.

Dentro da categoría elite masculina, Manuel Hoyuela fíxose co primeiro posto, seguido de Antonio Serrena e Alejandro González (GAL). Na categoría elite feminina, Ana Marta Pérez (GAL) foi a gañadora.

No caso dos amateurs, Fernando Rodríguez, Brysh Espiniellla e Francisco Javier Aguado ocuparon os tres primeiros postos, mentres que Paula Rodríguez e Ana Malde foron primeira e segunda en mulleres.

No resto de categorías Manuel Mata (GAL), Marco Antonio Rodríguez (GAL) e Pablo Codesilo (GAL) fixéronse cos tres primeiros postos en máster masculino e Gadea Ibarioza acadou a vitoria en máster feminino; Eusebio Rodríguez (GAL), Antonio Vasquez (GAL) e Javier Fernández (GAL) coparon o podio de kahuna masculino; Anitz Ibartoza gañou o sub 8 mixto; Artai Souto (GAL), Gonzalo Brión (GAL) e Laia Armedo en sub 10 mixto; Joan Gerlarbert (GAL), Martín Brión (GAL) e Rodrigo Basilio (GAL) no sub 12 masculino e Mariana Suáre (GAL), Sofía Puñal (GAL) e Olivia Viguera (GAL) en sub 12 feminino; Aetz Ibarloza (GAL), Daniel Folgar (GAL) e Pedro Suárez (GAL) en sub 14 masculino; Amaia Echaniz (GAL), Paloma Porta (GAL) e Silvana López (GAL) en sub 16 feminino e Pablo Blanco (GAL) e Xoel Catoira (GAL) en sub 16 masculino) mentres que e Iván Puente (GAL) e Antón Naveira (GAL) acadaron os dous primeiros postos do sub 18 masculino. En total, 25 galegos coláronse nos postos de podio en cadansúa categoría, preto dun 75% do total.

A segunda proba da Liga Galega será o vindeiro 10 de xullo en Arnoia (Ourense). 

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.