Velaquí tedes un post sobre a reportaxe que Bruno Novoa publicou o mes pasado na revista EspacioSub da Federación Galega de Actividades Submarinas onde explica o funcionamento das ondas xigantes na costa galega. Este gran profesional da fotografía e o submarinismo ve recoñecida de novo a súa laboura a prol do surf XXL en Galicia e na formación do equipo Jet Galicia pra dar a coñecer a nosa costa a nivel internacional.
Podedes ler o artigo enteiro na seguinte ligazón:
http://blog.brunonovoa.com/espacio-submarino-compartiendo-rompientes-extremas/