Conversas con Abel Lago: un waterman galego

Comezamos a semana cunha entrevista con Abel Lago, rider profesional de kitesurf e local da Coste da Morte, que domina tamén o windsurf, SUP e o surf. Abel Lago é un dos millores deportistas do noso país e por iso queremos aproveitar pra lle facer algunhas preguntas:

Cóntanos un pouco como foron os teus primeiros contacto co mar e cando?

Comecei como a maioría a facer bodyboard nas praias galegas. Son natural de Carnota pero crecín en Louro, dentro da Ría de Muros, así que tiven que buscar un deporte máis asequible pois non podía ir todos os días a coller tombos, e empecei a facer windsurf e cando podía facía surf en Area Maior e en Carnota.

Abel Lago campión de España 2012 en Famara, Lanzarote.

En que ano comezaches a competir o como foron os teus primeiros resultados?

Ós desazete anos conseguín o subcampeonato de España de windsurf Junior. No ano 2000 mudeime a Tarifa e foi aí onde probei o Kitesurf por primeira vez, e descubrín que se me daba moi ben pois ós tres meses de comezar xa conseguín o titulo de campión de España.

Podes facernos un resumo dos teus resultados deportivos?

No ano 2001 os sponsors chegaron e fíxenme profesional de Kitesurf e comecei a competir no campionato do mundo onde logrei o Titulo de Campión do Mundo na modalidade de Ondas e tres Subcampionatos na modalidade de Race. Tamén gañei 5 campionatos de España. Nos últimos anos estou máis enfocado no desenvolvemento de novos produtos, pois son o tester oficial e deseñador da marca Italiana RRD. Pero tamén sigo competindo no tour onde logrei un 4º lugar este ano na proba do mundial en Marrocos e cando teño tempo compito en outros deportes como o SUP (son campión Galego 2013) e Surf.

Foi compicado atopar sponsors que apoiasen a túa carreira?

Foi moi difícil conseguir sponsors sobre todo no mundo do windsurf. Por sorte, cando cheguei o Kitesurf xa traía a experiencia do wind e dediquei o mesmo tempo a entrenar que a buscar sporsors. Porque e tan importante ter nivel como ter patrocinio.


É complementario o surf e o kite?

O surf e o deporte mais complementario o kitesurf pois prácticamente usamos as mesmas tablas e compartimos o mesmo medio.


Cal é o teu spot preferido en Galicia de Kite e cal é o spot de surf que más disfrutas?

No teño predilección por un so spot pois todos teñen os seus días, pero si reconozco que todas as praias o redor de Carnota que he donde vivo son as miñas favoritas pois sen moverme mais de 5 min no coche poder ter sesions increibles de kite surf ou sup.

Recoméndanos un par de viaxes de lugares que te impresionasen.

Hai un par de sitios que recomendo sempre, especialmente para os surfers. Indonesia e increible, pero NON Bali que está moi petado e non ai forma de coller un tombo. Acabo de chegar de Sumbawa e fixen surf cada mañan e kite cada tarde. E tamen me recomomendo ir a Peru. O surf e increible e para kite tamen e perfecta.


Que plans tes para o teu futuro próximo? Vas montar algo en Galicia ou marcharas fóra?

Pois si que vou montar unha escola de surf, sup e kitesurf na zona de Muros e Carnota e logo xa estou traballando con un proxecto novo que e traer a xente que queira subir o seu nivel no mundo do kite a pasar unha o varias semanas conmigo e eu os levo a navegar, surfear e comer os mellores spots Galegos. Este servicio e moi exclusivo.

Agora podes engadir o que te pete e queiras comunicar aos nosos lectores.

Que agora que o mundo está tan globalizado e temos acceso a moita info e nos podemos permitir ter “xoguetes” non hai que cerrarse e invito a todos a que provedes o Kitesurf, windsurf ou SUP, pois o fin o que todos buscamos e pasar tempo na auga e non importa con o tipo de tabla pois todos os deportes de deslizamento están unidos e canto mellor kiter seas, mellor surfer serás.

So pido respecto na água e tubos para todos!!

+ info en:

Abel Lago Abel Lago

@Abelago

abelago.com

+ vídeos en: http://www.youtube.com/user/lagocompany

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.