Jaji, Gony e Oscar chusteando en Afife [VIDEO]

Neste video tedes a tres dos mellores surfeiros galegos chusteando pequenas ondas na praia de Afife. Surfar ondas pequenas é moi complicado xa que o peso do noso corpo afunde a prancha e non nos deixa coller velocidade, e por iso, moitas veces a calidade dun surfeiro apreciase mellor en ondas pequerrechas. Gony desfasa neste video facendo 360's, aéreos e todo tipo de manobras radicais.

Blog de Gony: http://gonyzubizarreta.blogspot.com/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com