Tubazo na esquerda de Monteferro

Esta secuencia foi feita pola xente de Roto Surf Works o pasado día 9 de Outubro na esquerda de Monteferro. Andrés Alonso é o nome do afortunado surfeiro que se meteu no tubo desta onda pouco coñecida pero que ben se merece un lugar máis alto no ranking de rompentes galegas. Na secuencia podedes apreciar como baixa a onda a contrapico e busca un tubo con moi bo xeito.

Andrés Alonso no tubo


Agora tedes a secuencia:

Podedes ver a secuencia enteira do tubazo na seguinte ligazón:

http://rotosurfworks.blogspot.com/2010/10/desde-la-terraza.html


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.