The Left - Bruno Novoa

SURF GALICIA

Bruno Novoa - Potente e perigosa, son os adxectivos que definen esta esquerda "Made in Rias Baixas". Ata o momento e o spot máis perigoso no que fixen fotografía acuática. A última sección de tubo fórmase enriba dunha pedra que dependendo da dirección na que entre a onda esta laxe pode quedar cuberta por un pouco de auga ou destapada por completo, unha lotería.

BRUNO NOVOA

Se isto fose pouco as correntes no lugar son famosas pola súa forza. Esta pedra fai succión cando o set se aproxima. Recordo a primeira vez que entrei, acostumado doutros spots a colocarme enriba da pedra no seu extremo para sacar as fotos no limite. Chegou a primeira serie e remei con todas as miñas forzas para escapar polo canal pero a pedra non se afastaba de min jajaja Puiden safar a primeira onda, pero as dúas seguintes romperon nas miñas narices mentres sentía a pedra nas aletas. Cando conseguín sacar a cabeza fora estaba rodeado de pedras, espuma branca espesa e una corrente moi forte que me tivo 20 minutos para poder escapar de volta o canal, cámara en man intentando protexela de pedras que aparecían e desaparecían no medio da espuma. "Nunca mais" pensaba... este spot non se pode afotar en angular nin de coña. Esta foi a primeira e a derradeira foto que disparo en angular o carón da lastra:

SURFING GALICIA

Nesta foto o surfer Eric Rebiere pasoulle o mesmo e tivo que facer o pato coa pedra fora nas súas costas:



Os riders da galería son Ricardo Faustino & Friends e o surfer Eric Rebiere. Penso que esta onda ten moito potencial e imos traballar a fondo nela o próximo inverno.



BODYBOARD GALICIA

Tamén houbo bodyboarders presente na sesión


Fai click nas imaxes para ver esta galería de Fotos:

{artsexylightbox path="images/stories/surfNoticias/2011/left/left" previewWidth="139" previewHeight="90"}{/artsexylightbox}

Web de Bruno Novoa:

http://fotoglz.com


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.