Fotos e Crónica da Noite de Surf na Mariña

A pasada noite do 14 de Agosto, tivo lugar a primeira Noite de Surf, na praia de Fontela-Balea en Barreiros, organizada por Tapería “O Castro”, ¡Hola!Ola, Sensación Surf Escola e North Shore Surf Club. Boa temperatura, vento do suroeste, un mar subindo a 1,7, 1000 l de cervexa, 150 kg de churrasco e 18000 w de luz presaxiaban unha boa noite.

Algo máis de 300 persoas, entre surfistas e curiosos achegáronse ata este marabilloso enclave da Mariña Lucense para ver surf nocturno. Entorno a 1.00 da madrugada, uns 15 surfistas, con Borja Rocha, gañador do KM0, e Diego Álvarez a cabeza con tablas de led cedidas por Pukas, pillaron as poucas ondas que o mar soltou esa noite, entre os aplausos e o asombro dos espectadores.

Nembargantes a festa non remataba e continuou ata ven entrada a madrugada amenizada con Djs de prestixo coma Entulga, Lelé, Didac Tic, Zenitram e Manolo Vilouta.

O ano que ben, máis e mellor!

Texto: Fátima López - North Shore Surf Clube

Fotos: André Tejeda

Galería completa en:

https://www.facebook.com/media/set/?set=a.4066508193972.159538.1620305117&type=1

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com