Santa María Power - Fotosplino

A pasada semana mentras os medios de comunicación mentían e informaban de que o epicentro mundial do surf estaba na Lanzada grazas ao traballo da Deputación de Pontevedra e o Pantín Surf Clube houbo un surfeiro coñecido como Mendi que entrou nunha sesión potente no sur das Rías Baixas demostrando que era posible organizar un evento con boas condicións pero non interesa xa que non hai hoteis nin zonas turísticas próximas como en Sanxenxo e Portonovo. 

Este rider é José Mendiola, gran coñecedor deste perigoso spot e que pertence ao clube local de Santa María de Oia. Fotos de Ángel Fotosplino.



Estas imaxes foron feitas o pásado xoves 9 de Abril xusto no momento no que comezaba o paripé surfeiro na Lanzada. O venres baixou o mare pero estivo perfecta do mesmo xeito que o Domingo. Outra vez máis denunciamos o uso do surf pra enriquecer algúns bolsillos e con fins de reclamo turístico sen ter en conta a calidade dos eventos nin os apoios aos clubes locais nin canteira.

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.