Días de Retro Fish en Galicia

Chega o bo tempo e chegan as ondas para os Retro Fish. Alex Piñeiro, surfeiro de Honey Surfboards e amante das colas anchas e con forma de andoriña, divírtese con ondas primaverais en diferentes praias da costa norte de Galicia.

A Retro Fish é unha táboa de surf moi polivalente que a podes empregar en todo tipo de condicións. Facilita a remada grazas ao seu volume extra debaixo do peito e é moi rápida permitindo surfear a liña da onda e realizar manobras sen perder velocidade.

Unha gran opción se buscas táboa de surf para este verán!

Imaxes grazas a Laura Martínez.
Surfer & Edición: Alex Piñeiro

+ info en:

https://www.surfmarket.org/es/tienda/surf/tablas-nuevas/retro-fish-honey-detail

#honeysurf

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.