Pablo Montero - Este mes de marzo de 2015 paseino en Ecuador, centro da Terra pero non de América, un dos tres últimos países ao lado do Pacífico que me quedaba por coñecer. Fun visitar ao meu amigo Bastien Furtado. As ondas estaban a ser bastante boas e o sol pegaba a moreas. Estabamos de luxo.
Un día, Bastien recibiu unha chamada desde as Illas Galápagos avisándolle de que o primeiro gran swell do ano estaba de camiño ao arquipélago. Propúxome ir surfealo. Non o pensei nin un segundo e embarqueime nesta nova aventura. E é que quen non leva escoitando toda a súa vida a historia de Charles Darwin e da súa viaxe ás Illas Galápagos no que baseou a teoría da evolución por selección natural? Eu quería ver ese sitio en directo. Ardíame a curiosidade por saber como era. Quería ter a clase práctica de Ciencias despois de tantos anos de teoría. E aínda por encima tiña a escusa perfecta: daban ondas!
Se queres saber como me foi nas Illas Galápagos non dubides en visitar a miña blog paulmontana.com
Imaxes gravadas, montadas e editadas por Fico Calderón (@latravesia.surf).
Música: Everytime - Foals
{fcomments}