Nova viaxe dos surfeiros de "La Conservera del Surf" nesta terceira edición do Maldivas Challenge, unha viaxe realizada entre outubro e novembro de 2017. Surf, submarinismo, pesca e desconexión a bordo do Haira. Os protagonistas son amigos procedentes de Cádiz, A Coruña, Madrid, Bilbao, Pamplona, Vigo, Avilés, Barcelona e Mallorca.
Eles e elas son: Ángel "Chico" Serrano, José Imbernón, Jaji, Michi Gómez e Lúa, Joaquín Vaquero, Noel López, Jon Ortuondo, Narci Jurado, Juarma, Luís Kaiser, David Górriz, Júnior Minguella, Jimmy, Toni e o gran Chicho Torreiro.
Edición Matías Rivas. Agradecementos a Point Break Patos e a Jam Traction.