Coa Licenza de Federado 2011, apoiarás ó surf e bodyboard de Galicia, a súa promoción mediante cursos gratuitas "A Túa primeira onda", apoio ás escolas e clubes nas súas actividades e á organización de campionatos. Federándote poderás participar en todas as actividades da Federación Galega de Surf: Cursos de Iniciación e perfeccionamento, Cursos de Técnicos e Xuíces, Campionatos, viaxes e camps, etc.. así como beneficiarte dos convenios para mercar material deportivo.
A Licenza de Federado inclúe un Seguro de Accidentes.
A póliza cubre as esixencias do RD 849/03 de Seguro de Accidentes Deportivos.
Podes federarte agora mesmo (forrmulario para federarse) o se o prefires podes descargar e imprimir a ficha para federarte e enviala por correo, fax (986 299 378) ou entregala na Federación Galega de Surf.
En caso de accidente deberás comunicalo inmediatamente á Federación Galega de Surf e solicitar o parte de asistencia, en caso de urxencia médica deberás comunicalo o máis axiña posible e acudir a un dos centros concertados:
Dende España:986 239 095
Dende o Extranxeiro: +00 34 986 239 095
Formulario para Federarse >>> www.fgsurf.com/galego/formulario.html
Descargar ficha para federarse (formato pdf) >>> www.fgsurf.com/pdf/ficha_licenza_Galego.pdf
Condicións Seguro de accidentes >>> www.fgsurf.com/pdf/FGS_PolizaAccidentes_2010.pdf
Centros concertados>>> www.fgsurf.com/pdf/Centros_Concertados_2010.pdf
Regulamento de Licencias >>> www.fgsurf.com/actas/regulamento_licenzas.pdf