A Federación Galega de Surf acaba de publicar na súa web as datas dos vindeiros campionatos do Circuito Galego que están pendentes de celebrarse este ano. O calendario provisional para estas probas queda do seguinte xeito:
1ª Proba Open de Bodyboard – 29/30 de outubro – organiza: Sandspit Surf Clube e FGS.
3ª Proba Open de Surf – 5/6 de novembro – organiza: Clube Gallego e FGS.
2ª Proba Open de Bodyboard – 12/13 de novembro – organiza: Silfo Surf Clube, Teirón Surf Clube e FGS.
A FGS tamén informa do aprazamento do Campionato Galaico-Luso que se ten que celebrar este ano e estaba previsto para a próxima fin de semana.
Fonte da Nova: