A semana pasada a Federación Galega de Surf publicou na súa web unha Carta Aberta dirixida aos seus federados e amantes do surf e bodyboard galegos onde fai un resumo das activadades e evetos realizados no que vai de ano pola nova directiva. Temos que destacar que estes nove meses a Federación Galega de Surf fixo un traballo enorme de comunicación e colaborou sempre coa nosa web pra chegar a máis riders e espallar as súas novidades.
Nesta primeira etapa a FGS e os seus clubes asociados completaron con moito éxito o Circuito Galego Xuvenil e Infantil de Surf e Bodyboard e tamén o I Circuito Galego de Longueirón (Pantín, Nemiña e Patos). Xa celebraron dúas probas do Circuito Galego Open de Surf e falta unha proba pra rematar este circuito. En Bodyboard están esperando polas dúas probas pendentes pra rematar e darlle mais categoría con boas ondas a estes eventos pendentes.
A Federación tamén participou en diferentes activades de formación como os cursos de tecnificación e tamén os cursos gratuítos de surf "A túa primeira onda" en diferentes concellos da costa galega.
Podedes ler esta carta completa na seguinte ligazón:
http://www.fgsurf.org/novas/comunicados/173-carta-resumen-2011.html