Esta fin de semana a Federación Galega de Surf publicou un comunicado coas súas novidades decididas en dúas asambleias. O punto máis importante é a creación de novas categorías Sub-10, sub-14, sub-16 e sub-18 no Circuíto Galego Infantil e Xuvenil. Agora o competidor poderá inscribirse na categoría inmediantemente superior cando quedou entre os catro primeiros do ranking na sua categoría o ano anterior.
Hai que destacar a creación da categoría Master (+35) no Circuíto Open e que tamén que xa se poden repartir premios en metálico nas porbas Open de sur.
Aprobouse o arrendamento da furgoneta da FGS polos clubes e escolas cun coste de 20€/día. Tamén hai unha suba de 4€ nas licenzas federativas.
Nas vindeiras datas vanse convocar dous cursos de Bloque Común Nivel I específicamente para os alumnos das convocatorias de Ferrol 2012 e Nigrán 2012. O máximo de alumnos será de 30 segundo estabelece a lei por cada curso. Dado que A Xunta de Galicia non convocou o ano pasado este curso e temos un gran numero de alumnos sen a parte común levaranse a cabo estas convocatorias en breve, a espera de recibir as autorizacions pertinentes. O curso será online, cunha duración de 60 horas. Mas información próximamente.
Tedes toda a info e outras novidades en:
http://www.fgsurf.org/novas/comunicados/375-novedades-2013-federacion-galega-de-surf.html