O Concello de Barreiros retira o apoio ao Circuíto Galego de Surf!

Na web de Federeción Galega de Surf podedes ler un comunicado urxente sobre a proba do Circuíto Galego que estaba convocada pra esta fin de semana na praia de Lóngara. Informan da retirada do apoio do Concello de Barreiros á celebración do evento. Seica o alcalde retirou un apoio previamente confirmado sen dar explicacións.

Agora a FGS está a buscar unha nova praia pra non ter que modificar a data do campionato e parece ser que a nova praia é Razo.

Seguiremos informando...

Toda a info en: http://www.fgsurf.org/novas/circuito/390-importante-1a-proba-infantil-e-xuvenil-de-surf-en-longara.html

{fcomment}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.