Novo comunidado FGS: mobilidade praias

Dende a Federación Galega de Surf estamos en contacto coa Secretaría Xeral para o Deporte no que respecta ao tratamento das novas limitacións que atinguen ao noso deporte. Polo momento, trala publicación do Decreto 26/2021, do 15 de febreiro e a Orde que o desenvolve, podemos facer as seguintes consideracións:

Os deportistas, como calquera outra persoa, deberán ter en conta que recoméndase limitar a mobilidade ao máximo posible e que recoméndase restrinxir ao máximo a interacción social e que os encontros queden limitados únicamente a unha única unidade de convivencia.

A práctica do Surf non federado poderá realizarse ao aire libre, de forma individual ou con personas conviventes. Se fora preciso, as persoas con discapacidad poderán realizar a práctica con guía ou cunha persoa de apoio. En todo caso, a práctica da actividade física ou deportiva realizarse respectando os límites perimetrais e de horario nocturno establecidos.


No que respecta ao deporte federado autonómico, considéranse adecuadamente xustificados os seguintes:

a) Que o desprazamento estea xustificado pola realización dun adestramento vinculado á participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva ou pola participación nunha competición deste tipo. A estes efectos, como norma xeral, para esta excepción establécese un período previo de 4 semanas á celebración da competición. No caso de que a federación galega correspondente estime que este prazo é insuficiente para que o equipo/deportista prepare esa competición, deberá solicitar a súa autorización á Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Que non existan alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes.

c) Que o desprazamento se realice por algunha ou algunhas das seguintes persoas:

c.1) Por persoas deportistas federadas participantes en competicións oficiais cun calendario aprobado para a tempada 2020/2021.

c.2) No caso de acreditarse a súa necesidade, sparrings das persoas deportistas federadas de alto nivel, de alto rendemento deportivo ou incluídas en programas de tecnificación e rendemento deportivo, recoñecidas polo Consejo Superior de Deportes ou pola Secretaría Xeral para o Deporte ou órgano autonómico competente da Administración autonómica.

c.3) Outro persoal autorizado (delegados, etc.)

d) Que a persoa que se desprace porte, durante o desprazamento, un certificado, segundo o modelo adxunto, da correspondente federación ou club deportivo federado co seguinte contido mínimo:

d.1) Identificación da persoa que se despraza e da súa participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva.

d.2) Lugar do adestramento xustificando a súa vinculación coa participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva e/ou lugar da competición.

d.3) Data e horario de realización do adestramento e/ou da celebración da competición.

d.4) Xustificación da non existencia de alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes.

No caso de certificacións emitidas polos clubs, estes deberán comunicar á Federación respectiva un listado dos mesmos, a efectos do seguimento e verificación por parte destas.

As Federacións Deportivas Galegas remitirán semanalmente á Secretaría Xeral para o Deporte a información sobre os certificados emitidos, coa relación nominal dos deportistas e outros axentes autorizados.

As competición deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
A Federación Galega de Surf publicará o calendario de competicións autonómicas coa maior celeridade posible.

Podedes consultar a guía simplificada publicada pola Secretaría Xeral para o Deporte na seguinte ligazón.

https://deporte.xunta.gal/sites/w_deport/files/documentacion/actualidade/16_02_2021_guia_simplificada_dxt-1.pdf

Seguiremos informándovos das novidades das que teñamos coñecemento.

Boas ondas!



Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.