Crónica e Resultados da 1ª Proba do Circuíto Junior Galego 2011

Exito total na celebración da 1ª Proba do Circuíto Galego de Surf e Bodyboard na praia de Patos. É a 8ª edición consecutiva deste campionato organizado por Prado Surf Clube, a Federación Galega de Surf e o Concello de Nigrán e xa é referencia no surf galego. Arrincamos o sábado pola tarde con 1/2 metro e forte vento terral con mais de 70 inscritos chegados de toda a xeografía costeira galega, destacando Ferrol, Coruña, Pontevedra e Nigrán como enclaves que se están convertendo nas referencias do surf galego. Fotos: Beatriz Muradás.

PATOS SURF

Bo ambiente reinante durante todo o campionato grazas entre outras cousas á boa relación que hoxe en día se está creando entre clubes galegos. Os competidores acudiron na súa maioría, acompañados dos seus técnicos que desde a mesma area hiceron un gran traballo, aconsellando e motivando aos seus riders.

O domingo para aproveitar a marea alta comezamos ben cedo, e ás 8:00 da mañá xa arrincaba a semifinal de surf junior masculino con ondas roldando o metro e ventos de surf moderados, seguidamente finais coa marea xa baixando, ondas mais rápidas, con menos percorrido pero moita tensión e traballo na auga por conseguir o primeiro posto. Antes da entrega de premios convidamos á xa tradicional paella e logo foto de grupo.

Fotos: Beatriz Muradás

Destacar que por primeira vez na historia, unha cadea galega: V Televisión está a gravar todo o Circuíto e emite todos os sábados ás 20:30 horas un programa específico de surf que non debeis perdervos.

Estes son os resultados:

SURF JUNIOR MASCULINO

1) Lalo Díez
2) Diego Álvarez
3) Jose Molares
4) Miguel Pérez

BODYBOARD JUNIOR MASCULINO

1) Alberto Gundín
2) Andrés Santander
3) Yago Pardiñas
4) Gabriel Pacheco

SURF JUNIOR FEMENINO

1) Erika Franco
2) Yoli Rodriguez
3) Carlota Lago
4) Delia Salgueiro

SURF INFANTIL MASCULINO

1) Borja Malvar
2) Ignacio Guisasola
3) Javier Rodríguez
4) Alberto Mosquera

SURF INFANTIL FEMENINO

1) Yoli Rodríguez
2) Cristina Iglesias
3) Isabel Gundín
4) Alba Rodríguez

Fai click nas miniaturas pra ver toda-las fotos ampliadas:

Fotos: Beatriz Muradás

{artsexylightbox path="images/stories/surfNoticias/2011/patosjunior" previewWidth="139" previewHeight="90"}{/artsexylightbox}

Fonte da nova:

http://www.fgsurf.org/novas/circuito/119-cronica-1o-prueba-circuito-gallego-junior-surf-y-body-en-patos.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.