3ª Proba do Circuito Galego Xuvenil - A Lanzada (O Grove)

O fin de semán do 8 e 9 de Novembro terá lugar a terceira proba do Circuito Galego Caixa Galicia de categoría Xuvenil. As inscripcións xa están abertas. Lembra que o xoves 6 as 13 horas  é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!

As personas que xa fixeran o ingreso e enviaran a súa inscripción na anterior data, xa están inscritas automáticamente. No caso de que non puideran participar deberán comunicarllo a FGS.

Circuito Galego Caixa Galicia 2008 >>>

CAMPIONATO: 3ª Proba Circuito Galego Caixa Galicia Xuvenil.
ORGANIZA: Federación Galega de Surf e Concello de Sanxenxo.
COLABORA: Caixa Galicia, Coca-cola e Concello de Sanxenxo.
DATA: 8 e 9 de Novembro.
LUGAR: Praia de A Lanzada (Sanxenxo-O Grove).
CATEGORÍAS: Infantil e Xuvenil.  
HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 9:00 a 9:30 horas na praia. E ás 10:00 horas aproximadamente comezo da competición.
MODALIDADES: Infantil (nados do 1994 en adiante) e Xuvenil (nados do 1991 ao 1993). Só se poderá competir nunha categoría; permitindo, excepcionalmente, aos 8 primeiros clasificados en infantil, competir en xuvenil.    MODALIDADES: Surf e Bodyboard (só se pode competir nunha modalidade).
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros e material.
PREZO: 10 €
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179  antes do Xoves 6 ás 13:00 horas.

INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago por fax o número: 986 29 93 78 e un e-mail (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) ou un  fax ( 986 29 93 78 )  á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:

1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 6 de Outubro 13:00 horas.

NOTA IMPORTANTE: É obrigatorio estar federado e non é posible federarse o mesmo día do campionato. Non se admitirán a competidores que non cumpran os horarios de peche e confirmación de inscripcións nin o pago de licenza e inscripción previo ó campionato.  

 

 

Federación Galega de Surf
r/.Fotógrafo Luís Ksado, 17 - Oficina 17 - 36209 VIGO-Galiza
Tel. 986 239095 Fax. 986 299378 Email. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.