Aprazada a 3ª Proba do CG Junior e Infantil dos Castros

FGS - Convocada a 3ª Proba do Circuíto Infantil e Xuvenil de Surf e Bodyboard na Praia de Os Castros (Ribadeo), sentimos comunicar que a proba terá que ser aprazada, xa que as condicións do mar non se presentan nada favorabeis, os partes desta semana son moi negativos vendo as condicións imposibeis para poder realizar o campionato. Así que moi ao noso pesar, a Federación e o clube organizador, neste caso Hola Ola! Surf clube, decidimos aprazar a proba en Os Castros (Ribadeo).

ESTA PENDENTE DE CONFIRMARSE A DATA.

Polo tanto, o prazo de inscricion segue aberto para os interesados en anotarse. A próxima semana intentaremos decidir una data definitiva para a celebración da proba.

Fonte da nova: http://fgsurf.org/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.