Crónica da 4ª Proba do C.G. 2012 Infantil & Junior en Lóngara

Yago Chamorro - O campionato empezaba ás 10 da mañá con condicións de mar variables dependendo da marea, o tamaño das ondas foi de cuarto metro a medio  metro consistente nas finais e o vento variable. Unha vez mais puidemos ver aos juniors galegos en accion, viuse un surf sólido e radical nas semifinais tanto de infantil como xuvenil. Houbo moi boa organización por parte de Hola Ola e North Shore Clube.

SURF GALICIA

Nacho Guisasola - Foto: Occy

Miguel Pérez - Foto: Occy

Púidose ver un man a man de Juan Fernández e Ignacio Guisasola en infantil e un man a man de Diego Álvarez e Miguel Pérez que viña de facer dous finais en Asturias, víronse moi bos xiros e puntuacións altas, as puntuacións mais altas foron para Juan Fernández, Diego Álvarez e Luís Ansín. As finais de xuvenil foron o reflexo das semifinais, Miguel Pérez (1º) e Diego Ávarez (2º) marcaron diferenza fronte a Luís Ansín (3º) e Martin Cortijo (4º). En infantil  Ignacio Guisasola (1º) e Juan Fernández (2º) desmarcáronse de Álvaro Froján (3º) e Borja Malvar (4º).

SURF GALICIA

As mozas demostraron estar a un bo nivel na agua. A victoria en Xuvenil foi para Isabel Gundín, 2ª Delia Salgueiro, 3ª Eva Robledo e 4ª Cristina Iglesias.En infantil Isabel Gundín volveu a ser a vencedora e Eva Ferreira fixo unha boa actuación no campionato rematando segunda.

Destacar o bo campionato realizado por Ignacio Guisasola gañador en infantil e semifinalista en xuvenil e de Eva Ferreira segunda en infantil.

Dar a noraboa a Ignacio Guisasola, Miguel Morla, Alfredo Guimarei e Eva Ferreira polo bo campionato realizado, todos de Riders Surf School

RIDERS SURF SCHOOL

Texto e fotos:

Yago Chamorro Riders 73 Surf School

Crónica de Occy e máis fotos en:

www.elblogdeoccy.blogspot.com.es

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.