Convocada a 3ª Proba do C.G. Open de Surf en Razo

Xa vos podedes inscribira pra participar na 3ª Proba Open de Surf do Circuíto Galego Open 2012 que está convocada para a fin de semana 8 e 9 de setembro. Este venres confirmarase o número de inscritos. Prezo: 25€

  • ORGANIZA: TEIRON SURF CLUB e Federación Galega de Surf.
  • DATA: 8 e 9 de setembro.
  • LUGAR: Praia de Razo, Concello de Carballo.
  • CATEGORÍAS: Open masculino e Open femenino.
  • HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 08:30  a 09:00 horas na praia. E ás 09:30 horas aproximadamente comezo da competición.

Máis info en:

http://fgsurf.org/novas/circuito/309-3o-proba-do-circuito-galego-open-de-surf-praia-de-razo-carballo.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com