2ª Proba Circuito Galego Interescolas FGS 2012 Patos

A vindeira fin de semana 18 e 19 de Agosto vaise celebrar a 2º proba do Circuíto Galego Interescolas da FGS. As inscripcións xa están abertas e deben ser tramitadas polas escolas. Lembrade que o xoves as 13 horas  é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria ademáis da autorización paterna e o formulario de dereitos de imaxe firmados. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo.

SURF PATOS

CAMPIONATO: 2ª Proba Circuito Galego INTERESCOLAS.

ORGANIZA: FEDERACION GALEGA DE SURF.

COLABORA: Coca-cola, Concello de Nigran, Onda, 3Sesenta, TSP e Ryanair entre outros.

DATA: 18 e 19 de agosto.

LUGAR: Praia de Patos.

CATEGORÍAS: Cursillista / Escola 1ª ano  - femenino/masculino.  Según idade dividirase nas categorías Sub10; benxamin e master. (ver regulamento interescolas).

HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do escola o sábado de 08:30  a 09:00 horas na  praia. E ás 09:30 horas aproximadamente comezo da competición.

Este campeonato e so para os alumnos das Escolas que forman parte da Federación Galega de Surf. Tratase de inicialos na competición e poder aportarlle unha nova experiencia.

MODALIDADE: SURF.

PREMIOS: Premios para os catro primeiros clasificados.

PREZO: 5€

PAGO DAS INSCRIPCIÓNS:

Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2080-0567-04-3040003179 antes do Xoves  16 de agosto  as 13:00 horas.

INSCRIPCIÓNS: deben ser tramitadas polos técnicos das Escolas Oficiais da FGS.

FORMULARIO DE INSCRIPCION PARA AS ESCOLAS

Debedes enviar o xustificante de pago, o formulario de dereitos de imaxe e a autorización paterna por email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. á Federación Galega de Surf co formulario de inscripción:

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 16 agosto  as 13:00 horas.

Descargar Regulamento campeonato Interescolas



Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.