Programación da 3ª Proba do C.G. Xuvenil e Infantil en Sabón!

A terceira proba do Circuíto Galego de Surf e Bodyboard Infantil e Xuvenil, organizado pola Federación Galega de Surf, e que dará comezo o vindeiro sábado 6 de outubro estaba programada para celebrarse no areal do Orzan pero vémonos na obrigación de trasladar a competición á praia de Sabón en Arteixo debido ás malas previsións que ofrece este fin de semana a praia do Orzan. Aínda asi, a entrega de premios e demais actividades serán realizadas na praia do Orzan.

A programación para a proba en Sabon é a seguinte:

REALIZÁRASE UN CHECK IN PARA CONFIRMAR AS MANGAS, DADO QUE ESTA SEMANA HOUBO COMPETIDORES QUE NON CONFIRMARON A SÚA INSCRIPCION A pesar de FACER O CHECK IN NO ORZAN O PASADO 8 DE XUÑO.

Haberá 1000€ en premios patrocinado por Coca-Cola, premios de ONDA, trofeos Concello da Coruña para o catro primeiros clasificados de cada categoría.

Haberá varias actividades como clases de surf en inglés dadas pola Prado surf Escola e a academia Atlantik English da Coruña. A actividade estrela será unha exhibición de capoeira do grupo IANDE CAPOEIRA, do ximnasio Garrapucho. Estas actividades desenvolvésense na praia do Orzan na cidade da Coruña ao redor das 17.00 horas da tarde aproximadamente.

Tamén contaremos cunha caseta de sudaderas e camisetas de Galifornia, para os interesados en colaborar coa Federacion. Para os nosos competidores organizaremos unha manga de disfraces onde se premiase o mellor disfrace e a mellor manobra. A entrega de premios realizásese no areal do Orzan, entre as 17.00 h e as 18.00 h. aproximadamente.

Por ultimo, poden consultar nos documentos adxuntos as mangas da  proba.

Se tedes calquera dúbida, podedes contactar coa Federación Galega de surf no número de teléfono 981 720118 en horario de 08.00 horas a 15.00 horas de luns a venres, ou nesta dirección de correo electrónico.

Grazas pola atención.
Saúdos cordiais.



Federación Galega de Surf
c/.Fotógrafo Luís Ksado, 17 - Oficina 17 - 36209 VIGO
Escola unitaria de Beo s/n Lugar de Beo - 15113 MALPICA
Tel. 986 239095-981 720118 Fax. 981 720118 Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.