Yago Chamorro - A pasada fin de semana, 29 e 30 de Setembro, celebrouse a 5ª Proba do Circuíto Galego Xuvenil e Infantil organizada por Pure Surfing CO e a Federación Galega de Surf na praia de Caión. Inicialmente estaba previsto facela en Bastiagueiro pero por mor das condicións escasas de mar trasladouse a Caión grazas a unha acertada decisión do director da competición Marcos Pita. As condicións do mar o sábado foron de medio metro moi fácil para os competidores. O domingo houbo metro e medio con moita corrente o que dificultaba estar ben colocado no sitio e coller esquerdas rápidas que se miraban dende fora e que os riders destrozaron con boas manobras.
En surf xuvenil a victoria foi para Martin Cortijo nunha final na que destacou tamén Luís Ansín que surfeou pra gañar. Miguel Pérez, discípulo de Pablo Romero Occy, non tivo o seu mellor día e soamente colleu unha boa onda quedando na cuarta posición por detrás da gran promesa do surf galego Ignacio Guisasola que se meteu na final e rematou terceiro. Paula Paz foi a vencedora en rapazas por diante de Isabel Gundín.
En infantil masculino houbo un forte man a man entre Ignacio Guisasola e Juan Fernández que pelexaron nunha final cun surf radical e moderno e que rematou coa victoria de Juan Fernández. En chicas infantil destacar a Isabel Gundín, campiona e xa toda unha clásica nas finais e a Eva Ferreira que fai explotar o seu surf cando hai boas ondas.
Resultados e fotos do Podio
SURF XUVENIL
- Martín Cortijo
- Luís Ansín
- Iganacio Guisasola
- Miguel Pérez
SURF INFANTIL
- Juan Fernández
- Ignacio Guisasola
- Leo Zambrano
- Álvaro Froján
SURF XUVENIL RAPAZAS
- Paula Paz
- Isabel Gundín
- Blanca García
- Cristina Iglesias
SURF INFANTIL RAPAZAS
- Isabel Gundín
- Eva Ferreira
- Cristina Fernández
- Irene Matos
BODYBOARD XUVENIL
- Carlos Lorenzo
- Alberto Gundín
- Pablo Gonzalez
- Carlos Quintero
Foto da entrega de premiios - Fonte: Pure Surfing
Queremos darlle a noraboa aos RIDERS: Miguel Morla, Javi Martínez, Javi Triana, Ignacio Guisasola e Eva Ferreira polos resultados e polo bo surf q están a facer.