A Federación Galega de Surf e Bodyboard ven de comunicar os trocos nas datas das probas finais do Circuito Galego 2012. As novidades máis importantes son a celebración da 6ª proba de surf e bodyboard infantil e xuvenil os días 10 e 11 de Novembro na vila de Malpica. A 4ª proba Open de Surf celebrarase na praia de Patos os días 24 e 25 de Novembro.
No mes de Decembro terán lugar as derradeiras probas de surf e bodyboard Open tamén na praia de Areamaior en Malpica de Bergantiños organiado por Silfocamps e a Federación Galega.
Pra rematar, a primeira proba de longboard aprazada ten como mes de espera o mes de Novembro e o lugar elixido está por determinar pola organización de Prado Surf Clube e Federación Galega.
Info completa en:
http://www.fgsurf.org/novas/circuito/334-noticias-de-ultima-hora-circuito-gallego-.html