Vídeo e Resultados da 6º Proba C.G. infantil e xuvenil en Malpica

Yago Chamorro - A pasada fin de semana celebrouse a ultíma proba do ano do Circuíto infantil e xuvenil galego na praia de Malpica, as condicións foron duras, ondas de metro gordo vento forte do oeste e moita corrente, os competidores souberon adaptarse ben ás condicións e deron espectaculo, nesta proba decidíanse tres títulos: o infantil masculino con Ignacio Guisasola e Juan Fernández pelexando polo título que foi finalmente para Juan e Ignacio subcampión.

O xuvenil masculino o campión foi Diego Álvarez e subcampión Luís Ansin. En infantil feminino con Isabel Gundín e Eva Ferreira quedando campiona Isabel e subcampiona Eva Ferreira que non estivo ao cento por cento xa que ven de sair dunha lesion de xeonllo.

Destacar os cuartos de final xuvenil na que Ignacio pasaba de primeiro en todas as mangas e Luís segundo e as semis con Dieguito, Miguelito e Luís pasando primeiro Luís e Diego segundo. Foi a ultíma proba e a máis disputada.

Dar a noraboa a Ignacio Guisasola polo subcampionato infantil e polo cuarto posto xuvenil a Eva Ferreira polo subcampionato galego infantil a Javi Martínez e Javi Triana polo moito que melloraron este ano, a Miguel Morla e Alfredo Guimarei por quedar no top 16 do ranking e a Itziar Guisasola e a Carlota Rich que non están competindo polos estudos pero que seguen adestrando cando poden e darlle as grazas a todos por contar comigo como adestrador

SURF INFANTIL FEMENINO

  • 1º ISA GUNDIN (A Coruña – Ferrol)
  • 2º EVA FERREIRA (Pontevedra)
  • 3º MARTA GOMEZ (Pontevedra)
  • 4º IRENE MATEOS (Pontevedra)

SURF INFANTIL MASCULINO

  • 1º JUAN FERNANDEZ (A Coruña)
  • 2º BORJA MALVAR (Pontevedra)
  • 3º NACHO GUISASOLA (Pontevedra)
  • 4º ALBERTO MOSQUERA (A Coruña)

SURF XUVENIL MASCULINO

  • 1º  DIEGO ALVAREZ (A Coruña)
  • 2º LUIS ANSIN (Pontevedra – A Lanzada)
  • 3º MIGUEL PEREZ (A Coruña – Ferrol)
  • 4º MARTIN CORTIJO (A Coruña)

SURF XUVENIL FEMENINO

  • 1º ISA GUNDIN (A Coruña -  Ferrol)
  • 2º PAULA PAZ (A Coruña)
  • 3º CRIS IGLESIAS (Pontevedra)
  • 4º BLANCA GARCIA OLIVARES (A Coruña – Ferrol)

BODYBOARD XUVENIL MASCULINO

  • 1º CARLOS LORENZO (A Coruña – Ferrol)
  • 2º ALBERTO GUNDIN (A Coruña – Ferrol)
  • 3º RAUL MARTIN (A Coruña)
  • 4º CARLOS MEGINO (Pontevedra)

Tedes a crónica completa + fotos en:

http://fgsurf.org/novas/circuito/344-cronica-6o-prueba-infantil-y-juvenil-de-surf-y-bodyboard-playa-de-malpica-circuito-infantil-y-juvenil-2012-.html

Texto do artigo: Yago Chamorro Riders Surf School


Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.