Parko vence en Pipeline e proclámase Campión Mundial de Surf ASP 2012

Joel Parkinson "Parko" levouse a pasada noite a victoria no Billabong Pipe Master fronte a Josh Kerr e tamén a coroa de Campión Mudial de Surf 2012. Deste xeito pecha un ano magnifico despois dunha grave lesión no nocello cun resultado fantástico.

RESULTADOS DO RANKING ASP WORLD TOUR 2012

1 – Joel Parkinson (AUS) 58,700 pts
2 – Kelly Slater (USA) 55,450 pts
3 – Mick Fanning (AUS) 47,000 pts
4 – John John Florence (HAW) 44,350 pts
5 – Adriano de Souza (BRA) 42,350 pts 

As ondas foron boas e consistentes pero na final houbo que esperar aos últimos minutos pra poder ver o surf que estes grandes riders levan no corpo. Todo o mundo estaba pendente do desenlace do circuíto mundial entre Kelly e Parko unha vez depois da eliminación de Mick Fanning.

Na rolda 4ª Kelly non atopou o seu sitio, e pasou á rolda 5ª de repesca, onde arrasou contra Miguel Pupo. En cuartos Parko enfrontábase a CJ Hobgood. Manga bastante controlada por parte do australiano, pero sen facer nada extraordinario nunha manga algo frouxa comparando coas anteriores. Moi ao contrario a de Kelly e Dorian que foi foi emocionante e apertada, con varios tubazos por parte de ambos, pero con Kelly na cabeza en todo momento.

En semis Damien Hobgood non llo puxo nada nada fácil a Parko, e mesmo se viu perigar o seu título, pero deulle a volta ao asunto con sangue frío e un par de tubazos en Backdoor. Kelly non puido con Josh Kerr, que nada máis empezar sacábase un 9,20 a pesar de que na súa manga da rolda 4ª lesionábase nun golpe contra o reef.

Desta maneira Joel Parkinson gañaba o seu primeiro título antes da final, na que gañou a un Josh Kerr moi motivado. Parabéns Parko!

Josh Kerr

Take off de Josh Kerr

Na final do evento, Joel Parkinson ( Parko) enfrontábase a Josh Kerr. Parko xa era campión do mundo, con todo estaba ansioso por gañar tamén o evento Billabong Pipeline Masters. E así sucedeu, Parko gaño a Josh Kerr con dúas altas puntuacións: 9.17 e 8 puntos dun total de 10. Parko conseguiu facer dobrete nun evento: campión do mundo de surf ASP e campión do Billabong Pipeline Masters en memoria do seu amigo Andy Irons

{artsexylightbox path="images/stories/surfNoticias/2012/Pipe2012" previewWidth="150" previewHeight="105"}{/artsexylightbox}

Vídeo destacado de los dos primeros días

Más información del evento:

www.billabongpro.com

http://www.vanstriplecrownofsurfing.com/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.