Das diferentes experiencias e puntos de vista dun galego e un madrileño nace un libro castizo de carallo. O mítico surfeiro vigués Jaji Iglesias apresenta hoxe xunto ao fotógrafo madrileño Carlos Álvarez o seu primeiro libro conxunto na tenda Vazva da Coruña as 20:30. O libro fala da vida dun perdedor que ten moitos vicios e que odia á sociedade na que vive, un relato dun home solitario e perdedor...
Relatos breves pero contundentes mestúranse con imaxes limpas pero directas. Sen unha orde establecida nin un argumento que haxa que seguir ao pé da letra. Cada un pode interpretar o que queira. Á fin e ao cabo, trátase dunha idea diferente de contar as cousas. De dous puntos de vista que, como todos son únicos, pero que se se analizan e únense, forman unha boa metade.
Trátase do primeiro de dous libros que estes dous mozos creadores pariron, libros que xorden a partir da recien creada editorial "SINAMOR".
A outra terá que esperar.
Máis info no feisbuk de Jaji: http://www.facebook.com
Jaji Iglesias desfasando